Os Acordos de Paz de Chapultepec foron uns acordos asinados o 16 de xaneiro de 1992 no castelo do mesmo nome polos que o goberno do Salvador, presidido por Alfredo Cristiani, e a Fronte Farabundo Martí de liberación nacional puxeron fin ao cruento conflito civil salvadoreño que se desenvolveu durante a década dos oitenta do século XX.
O proceso previo de negociación contou coa mediación da ONU cuxo secretario xeral era Javier Pérez de Cuéllar.
Incluía profundas reformas nas Forzas Armadas, no Poder Xudicial, no sistema electoral, a integración na sociedade civil da guerrilla, repartición de terras entre o campesiñado e as consecuentes reformas constitucionais. Creáronse comisións e oficinas para velar polo respecto dos dereitos humanos, o seguimento do cumprimento dos acordos, así como unha Comisión da Verdade para O Salvador co fin de esclarecer os crimes.